ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha multitudinaria ruta para saborear A Veiga

A IV Ruta de Pinchos desta localidade inclúe un percorrido por cinco locais de hostalaría e moita música

Numerosas persoas percorrían na tarde e noite do 11 de agosto os establecementos de hostalaría veigueses no marco da cuarta edición da Ruta de Pinchos deste municipio. O punto de partida era, ás oito, dende o Hotel Restaurante As Chairas, mentres soaba a música da charanga Santa Compaña. Coas súas entradas en man (cun prezo de 12 euros que incluía o pincho máis unha consumición por establecemento) os participantes podía degustar o primeiro dos pinchos

Dende alí, os asistentes seguían o traxecto gastronómico polo Río Xares, o Restaurante Pensión Río Xares, o Laila, Trevinca e O Retiro, fin da ruta. Ademais con cada unha das entradas, unha vez realizada ruta, os participantes podían votar polo seu pincho favorito e deixando despois a papeleta no Trevinca. A fin de festa viría, en torno á unha da madrugada coa actuación da discomóbil Danzalia no Retiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button