Por terceira vez unha pata vén de escoller un maceteiro da terraza dun veciño da zona antiga do Barco, á beira do río Sil, como lugar para facer o seu niño. Desta volta máis cedo que o pasado ano, case un mes antes, xa que comezaba a poñelos en marzo.
“Uns días antes a pata xa andaba pola terraza, case avisando de que estaba alí, e mirando cara o maceteiro”, comenta este veciño, encantado de volver ter o niño desta ave na súa casa, que claramente recoñece o lugar como seguro para criar.
Nesta ocasión, o primeiro ovo aparecía no niño o 11 de febreiro e, neste día 17, xa son sete os que se contan no maceteiro. Pero o máis probable é que nos próximos días siga poñendo.
Esta pata colocaba o seu niño por primeira vez neste lugar o pasado ano en marzo e, logo repetía con outro no mes de maio. Polo que a súa visita desta volta non foi unha sorpresa nesta casa da zona vella do Barco.
Fotos cedidas.