CulturaCulturaÚltima hora

Unha persoa de Bangladesh gana o XVI Concurso de Fotografía Rosa Pons de Parada de Sil

 

Nesta fin de semana e, en concreto o sábado, vén de fallarse a edición do 2023 do Concurso de Fotografía Rosa Pons, que promove o Concello de Parada de Sil. Logo dunha longa deliberación sobre as 357 fotos presentadas 78 na modalidade de “Visions de Parada de Sil” e 279 en tema libre, o xurado, presidido por Luis Baños, tomaba unha decisión.

Así a imaxe ganadora desta edición en tema libre era “Humand and Plástico” de Mithail Afrige, que percibirá 700 euros. A parte de valorar a calidade da imaxe, o xurado considera que “é unha clara invitación sobre o que acontece no planeta invitándonos a tomar iniciativa individual para evitar catástrofes”. O segundo premio desta mesma modalidade con 200 euros marcha a San Boi de Llobregat e foi para unha fotografía de José Reyes titulada “Pinceladas Modernistas”.

 

 

En canto á outra modalidade, a foto “O Tesouro escondido” de Iago Manuel Souto de Ponte Caldelas conseguía o primeiro premio con 800 euros, “fotografía que pon en valor a paisaxe e os nosos queridos castiñeiros”, segundo sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Dominguez, quen ademais pon de relevo o “alcance deste concurso que dá a coñecer por todo o mundo a este concello corazón da Ribeira Sacra”.

 

 

O segundo premio desta modalidade foi para Felisa Victoria Trigo de Ferrol con 300 euros e coa fotografía “Xogo de Bolos” de Parada de Sil que, á parte da calidade, “salienta unha tradición con grande valor etnográfico facendo unha invitación implícita a manter a memoria e participar más actividades que se celebran en Parada de Sil”.

 

 

Nesta edición do concurso participaron fotografías de 14 comunidades autónomas e varios países extranxeiros salientando Bangladesh. O rexedor de Parada de Sil resalta o labor desintersado do xurado, así como o de Xosé Anton Vázquez a coordinación do concurso e Carmen Blanco.

Por último pon de manifesto que xa é a XVI edición que vén sendo patrocinado, dende a primeira, polo empresário galego afincado en Barcelona, Camilo Yáñez, permitindo que este concurso non teña custe económico para o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button