OurenseÚltima hora

Unha persoa resulta ferida de consideración pola picadura dunha abella en Beariz

Ao lugar tivo que acudir un helicóptero medicalizado para a súa evacuación

En torno ás 14:00 horas desta tarde de xoves, unha persoa resultaba ferida de consideración pola picadura dunha abella en Beariz. O suceso tivo lugar nas inmediacións do colexio da localidade e ata alí tivo que acudir un helicóptero medicalizado para a súa evacuación, segundo informa o 112 Galicia.

 

 

Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaron efectivos do GES de Avión, voluntarios de Protección Civil de Beariz e axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button