Arredor das 20:30h. da tarde deste domingo 23 de marzo producíase un accidente de tráfico na vila da Rúa. Un turismo que circulaba pola rúa Arnaveca chocaba contra un camión que se atopaba aparcado. Como consecuencia do sinistro, resultaba ferido o condutor e único ocupante do coche.
Ata o lugar desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil da Rúa, os bombeiros do parque comarcal, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias. O ferido era trasladado ao Hospital Público de Valdeorras.
Fotos cedidas.