Na tarde deste xoves 15 de maio producíase un accidente de tráfico no que se vía implicados dous vehículos e resultaba ferida unha persoa, no concello do Bolo.
Tal como indican dende o 112 Galicia, o suceso tiña lugar contra as 16:35 horas no PK 32 da OU 533 ao seu paso por Cambela. “Un particular chamou indicando que outro coche batera contra o seu por detrás. A muller aseguraba que notaba dor na cabeza, polo que finalmente era trasladada en ambulancia”, din.
Dende o centro de emerxencias informaban ao 061, aos bombeiros do parque comarcal, GES da Veiga, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Fotos cedidas.