En portadaÚltima hora

Unha porta á investigación astronómica da man da 8ª AstroTrevinca (A Veiga)

Conferencias de expertos, observacións diurnas e nocturnas e visitas guiadas, nesta fin de semana no Centro Astronómico de Trevinca

 

O Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga) volve acoller nesta fin de semana a oitava edición de AstroTrevinca, tras unha paréntese de dous anos de ausencia pola pandemia. As xornadas regresan cun amplo programa de actividades para afeccionados e profesionais que inclúe observacións nocturnas e diurnas, conferencias e mesas redondas a cargo de destacados expertos. Iniciábanse onte, venres, cunha observación astronómica e continuarán ata o domingo asistencia dun bo número de persoas, interesantes ponentes e, contribuíndo, ademais, a situar Trevinca como referente da investigación astronómica e como un dos mellores ceos do mundo.

Neste sábado o programa incluía a presenza de destacados expertos que contarán os seus proxectos, citando entre eles ao físico e divulgador científico Jorge Mira; a astrofísica Minia Manteiga, catedrática da Universidade da Coruña; ou Ramón Iglesias, do Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón.

As xornadas rematarán o domingo 25 de setembro cunha actividade na que os asistentes poderán coñecer a hospedaxe de telescopios situada ao carón do centro e propiedade de Trevinca Skies, onde persoas procedentes de Alemaña, Suecia, Lituania, Países Baixos, Bélxica e proximamente Estados Unidos teñen instalados os seus aparellos para o estudo astronómico.

Fotos: Óscar Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button