CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Unha sentida homenaxe a “Villa” abre o partido CD Rúa-Sporting Carballiño

Nesta xornada a sorte non acompañaba ao conxunto rues, que resultaba derrotado cun marcador 2 goles a 4

 

Con especial emoción agardaba a “familia amarela” o partido deste 17 de marzo. Momentos antes de que o árbitro pitase o inicio do encontro da xornada 26ª da 1ª Galicia (grupo 4), os xogadores equipo local, o CD Rúa, e do visitante, o Sporting Carballiño xuntábanse no campo de fútbol rues e estendía unha pancarta de apoio Avelino Álvarez “Villa”, que logo das operacións sufridas dende que en decembro tivo un accidente mentres traballaba, está a pasar uns días na súa casa.

 

 

Toda unha homenaxe, coa participación das diferentes categorías do club, que se facía ante un emocionado Villa, que en cadeira de rodas, tamén se achegaba ao terreo de xogo, onde ademais recibía un agasallo por parte do CD Rúa. Despois facíanlle un paseillo en sinal de homenaxe e respecto.

 

 

A partir de aí comezaba un encontro no que os rueses non foron quen de controlar o xogo, que remataba cun marcador de 2 goles dos locais fronte a 4 tantos do Sporting Carballiño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Avelino Álvarez “Villa”: “Estou moi contento e agradecido por todos os apoios que recibín”

Artigos relacionados

Back to top button