Na tarde do sábado 13 de decembro, tras unha intensa xornada de partidas no campo de petanca da Rúa, no Aguillón, tiña lugar a entrega de premios do II Gran Bolazo Navideño organizado polo Club Petanca A Rúa no que participaban 12 tripletas.
O primeiro premio era para Gelo, Carlos e Juan do recentemente creado Club de Petanca Petín; o segundo era para Raúl, Francisco e Manu do Club Petanca A Rúa; e o terceiro para Manolo, Manolo e Darío tamén do club anfitrión. O premio de consolación era para Carlos, Maruja e José.
Fotos cedidas.
Máis fotos e vídeo:
Doce tripletas participan no II Gran Bolazo Navideño do Club Petanca A Rúa