Cunha xornada moi especial celebraban hoxe na Rúa o Día das Letras Galegas. Da man da ANPA do CEIP Manuel Respino, na sábado deste sábado 16 de maio tiña lugar unha actividade aberta ás familias e á veciñanza pensada para “promover a convivencia e poñer en valor a lingua e a cultura galega”.

O encontro tiña lugar no antigo campo de fútbol, na área recreativa do Aguillón e contou cun completo programa de actividades para todas as idades. Diferentes e divertidos xogos tradicionais, dende pintar un mural coas mans ou con ramas ata carreiras de sacos, lavirintos, etc; pero tamén música da man de Abertal; e momentos dedicados á poesía galega, nun ambiente festivo e participativo.

Tal como destacan dende a ANPA, o “obxectivo desta iniciativa é crear espazos de encontro entre familias, fomentar o uso e o orgullo da lingua galega entre os máis pequenos e fortalecer os lazos de comunidade arredor do colexio” xuntándose un bo número de familias aínda que nin moito menos todas as do centro escolar.


Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.