EconomíaEconomíaÚltima hora

Unhas 30 persoas “mergullábanse” nas paisaxes, historia, tradicións e sabores de Manzaneda

Esta actividade, que tiña lugar o 16 de setembro, forma parte do proxecto “Mergúllate en Silbina”, unha iniciativa do GDR Sil-Bibei-Navea

 

O punto de encontro era a praza do Concello de Manzaneda. Dende aí partía ás 10h. do sábado 16 de setembro o percorrido “Vales Glaciares de Manzaneda” a actividade “Paseo percorrido circular Manzaneda-Souto de Rozabales”. Esta actividade, de balde, forma parte do proxecto “Mergúllate en Silbina”, unha iniciativa do GDR Sil-Bibei-Navea para dar a coñecer o territorio dos dez concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

Os participantes comezaban a marcha pola senda natural ata o “Monumento Natural Souto de Rozabales”. Tras contemplar a grandiosidade do “Castiñeiro de Pumbariños”, voltaban á “vila medieval de Manzaneda” por “Rozavales”, cunha visita guiada polo “Rebolo senlleiro” e aloxamento de Turismo Rural “Pazo da Pena”.

 

 

A chegada a Manzaneda, facíase unha visita ao antigo cárcere dos Sarmiento en cuxo interior pode verse a exposición fotográfica do Entroido de Manzaneda de Carlos G. Hervella e a exposición “Recuperart” de Joaquim Riera. Nesta edificación catalogada da vila medieval de Manzaneda, facíase a feira de produtos locais de Manzaneda (bica manteigada da “Panaderia Raigada”, bica de castaña de “Amarelante S Coop Galega”, viño da D.O. Ribeira Sacra da “Adega da Mata”, embutidos “HHH”, ovos da “granxa artesanal O Chambras” e mel da apicultura Clementina Fernández Sanchez).

 

 

Dende a organización amósase o seu agradecemento “a todos os visitantes por mercar produtos locais de Manzaneda. Con todo, en Manzaneda existen máis produtoras/produtores locais que por diferentes motivos non puideron subministrar seus produtos (Daterra viticultores, adega Dominio do Bibei, embutidos Marucho, mel Nogueira Conde)”.

 

 

Despois, os participantes nesta andaina desfrutaban dun xantar no Bar-Cafetería Nevada con menú a base de empanadas, embutidos, queixo, guiso de costela de porco celta, viño, bica manteigada e de castañas. Esta comida afianzaba “o recoñecemento da calidade dos nosos produtos e gastronomía local”, din os organizadores.

A maiores, arredor das 15h. os visitantes podían ver rodar aos ciclistas da XXI Volta Ciclista de Galicia ao seu paso pola vila de Manzaneda. E, xa polas catro da tarde, principiaba a visita guiada polo “Ben de Interese Cultural” da Muralla e vila medieval de Manzaneda no punto da “Porta Falsa “. O aumento da intensidade da choiva, levou a cun cambio de plans e así a visita guiada pola vila fíxose cunha interpretación na maqueta da que se dispón na Casa Consistorial.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button