Elección galegas 18F - 2024En portadaPolíticaÚltima hora

Uns 355.801 electores da provincia de Ourense están chamados a votar o 18F

O censo electoral total ascende en Galicia a case 2,7 millóns de electores, xa que hai que sumarlle os 476.544 inscritos no CERA

 

Ata o centro de prensa desprazábase esta mañá o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Dende alí mañá se difundirán os resultados das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar máis de 2,2 millóns de galegos, nas 3.951 mesas distribuídas polos 2.346 locais electorais. Dese total, 355.801 electores correspóndenlle á provincia de Ourense.

Precisamente, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, será quen mañá se encargará de comparecer ante aos medios de comunicación. Está previsto que ao longo do día de mañá se produzan catro comparecencias. A primeira ás 10,30 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12,30 e ás 17,30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados provisionais do escrutinio, a partir das 21,30 horas.

O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).

O electorado contará con preto de 41 millóns de papeletas e máis de 4 millóns de sobres de votación. Durante a xornada electoral, tamén foron designados para toda Galicia 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

Artigos relacionados

Back to top button