Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Uns 362.000 euros para ampliar a residencia de maiores de Chandrexa de Queixa

 

A Xunta de Galicia financiará o 100% do proxecto do Concello de Chandrexa de Queixa para ampliar a residencia municipal de maiores cun investimento de 362.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta semana as instalacións acompañado do alcalde do concello, Francisco Rodríguez.

O obxectivo da ampliación deste centro residencial permitirá poñer a disposición dos 77 usuarios do centro novas zonas comúns, con espazos delimitados segundo os usos. Diferenciarase, por exemplo, a sala para ver a televisión das salas dos xogos ou de descanso. Isto mellorará a estancia e o benestar dos residentes.

A reforma da residencia de maiores de Chandrexa de Queixa enmárcase no Plan de investimentos da Xunta para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal.

Artigos relacionados

Back to top button