DeportesÚltima hora

Uns 80 nenos participaban na Carreira de San Bartoliño de Trives

 

O entorno da Praza de Abastos de Trives convertíase nesta tarde de 24 de agosto nun circuíto de atletismo. Uns 80 nenos e nenas de diferentes idades participaban na Carreira de San Bartoliño, que se iniciaba ás 19h.

As distancias eran diferentes segundo as categorías, así os máis pequeniños corrían 100 m e, a partir de aí, o traxecto ía incrementándose en función da idade. Así os máis maiores chegaban a dar 4 voltas ao circuíto da proba, duns 300 m.

 

 

Dende o Concello de Trives faise un balance moi positivo da proba, cunha “gran participación”. Ao rematar as carreiras entregábanse medallas a todos os participantes xa que se trata dunha cita non competitiva. O encargalo de repartilas era o concelleiro de Cultura, José Luis Vidal.

Dende a organización amósase o seu agradecemento á Policía Local, así como a Mati, Montse e Belén, e “a todos os pais e nais dos rapaces e, por suposto aos participantes”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button