ConcellosQuirogaRibas de SilÚltima hora

Val Quiroga de Tapas, un festival de delicias en Quiroga e Ribas de Sil, ata o 26 de marzo

Nesta edición participarán un total de dez establecementos cunha gran variedade de propostas

 

O concurso Val de Quiroga de Tapas estréabase nesta tarde de 18 de marzo con dúas novidades principais. A primeira delas é o nome. De chamarse Quiroga de Tapas agora pasa a ser Val de Quiroga de Tapas. O motivo, a incorporación de novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil. E por iso a corporación dos dous concellos conxuntamente inauguraba este concurso.

A outra das novidades é o prezo. A tapa pasa a custar agora 2€, incrementándose en 50 céntimos con respecto a edicións anteriores. Dende a Concellaría de Xuventude, organizadora do evento, xustifícase este incremento, que pedían os establecementos participantes, en que “terán máis marxe para presentar ao concurso tapas de máis calidade”.

Dez son os establecementos que formarán parte do concurso nesta edición: sete de Quiroga e tres de Ribas de Sil, coas seguintes tapas:

Adega de María: “Primavera”
Matrioshka: “Solomillo ao roquefort”
Chapakuña 3: Delicias de polo ó padano”
Ferreiriño: “Os praceres da nosa terra”
A Botica: “Polo pan baila o can”
Ruxe-Ruxe: “Piruleta Popcorn”
O Portón: “Sabores do Portón”
Restaurante Praia Fluvial: “Sapito”
Restaurante las Vegas: “Pasapalos”
A Cabina: “A Cabinita”

 

 

O concurso desenvolverase ata o martes 26 de marzo. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa. Unha vez totalmente cuberto votarán á que ao seu xuízo merece ser a gañadora do concurso.

 

 

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 € en metálico. Pero ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios. Os premios aos que poden optar os participantes son numerosos: 200 € e 100 € en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelo,  EDV 2015 e Lar de Ricobao.

O sorteo dos premios e a tapa gañadora saberase a semana seguinte á Semana Santa, cando se abran as urnas e se faga o reconto de votos.

 

Artigos relacionados

Back to top button