
Case catro décadas levaba Manuel Fernández Pérez, natural de Vilanova (O Barco), á fronte da Cooperativa Jesús Nazareno do Barco-Vinos Barco, a maior adega nestes momentos da Denominación de Orixe Valdeorras e a que embotellaba o primeiro godello. Unha etapa na que impulsou proxectos como a renovación das súas instalacións, entre outras iniciativas.
Ademais Manuel Fernández, ao longo da súa traxectoria como presidente da cooperativa, foi membro da directiva do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e tamén vogal da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).
Manuel Fernández falecía o 4 de setembro aos 83 anos de idade. A súa capela ardente está instalada en Funeraria La Cruz, Sala Guzmán.
O seu funeral está previsto para este venres 5 de setembro ás 18h. na igrexa parroquial de Santa María en Vilanova e, a continucion, terá lugar o sepelio no cemiterio parroquial.