ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 201 casos activos de Covid, 19 menos que onte

Soben na Rúa, que chega aos 30 positivos, e en Larouco con 5; mentres baixan no Barco, en Vilamartín e Petín

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Descenden os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 30 de xullo un total de 201 casos activos de Covid, o que supón 19 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 29 de xullo.

Os municipios que rexistran aumento de casos son A Rúa, que conta con 30 positivos, 3 máis que onte; e Larouco con 5 positivos, 1 máis que onte.

Por contra, baixan os casos no Barco con 132 positivos, 20 menos que onte; en Vilamartín con 14 positivos, 2 menos que onte; e en Petín con 2 positivos, 1 menos que onte.

No resto de municipios mantéñense as cifras de onte, así en Carballeda de Valdeorras hai 4 casos activos, na Veiga hai 5 positivos, en Rubiá con 5 positivos e no Bolo 4 positivos.

2.097 casos activos na provincia

Continúa a desescalada na provincia de Ourense, que rexistra un total de 2.097 casos activos, o que supón 112 menos que onte.

No que se refire a ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 ingresos por Covid en planta, pero o de Verín sobe a 4 (2 máis que onte) e o Hospital de Ourense 32 en planta (4 menos que onte) e 3 en UCI (os mesmos de onte). Ademais a Clínica Santa Teresa rexistra 2 ingresos en planta (os mesmos que onte). En total son 43 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense, 2 menos que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button