
Tendencia á baixa nos casos activos de Covid en Valdeorras. Xa na xornada de onte se rexistraba un notable descenso ao pasar dos 824 casos activos do pasado venres aos 671 do luns 24 de xaneiro, o que supón 153 menos. A tendencia mantense, aínda que de forma máis lixeira, neste martes 25 de xaneiro, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), e que contabilizan 658 positivos na comarca, 13 menos que onte.
Por concellos, unicamente soben os casos no Barco con 354 positivos (1 máis que onte), Larouco 55 positivos (1 máis que onte) e Rubiá con 63 positivos (1 máis que onte), mentres que Petín matense en 4 positivos (os mesmos que onte). Por contra baixan os contaxios activos no Bolo con 18 positivos (2 menos que onte), en Carballeda con 29 positivos (1 menos que onte), na Rúa con 73 positivos (10 menos que onte), na Veiga con 32 positivos (1 menos que onte) e en Vilamartín con 30 positivos (2 menos que onte).
O Hospital de Valdeorras rexistra 9 ingresos, o que supón 2 menos que onte. Neste senso, a Consellería de Sanidade notificaba un falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid neste centro hospitalario.