Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Valentín González: “O PSdeG asumirá cambios de ritmo e de mensaxe”

O secretario xeral do partido socialista en Galicia empraza a “traballar a reo” para “intensificar a defensa dos intereses dos galegos e das galegas"

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apuntou hoxe que o futuro do partido “pasa por Besteiro”, como líder do único partido “capaz de aglutinar á maioría social de Galicia e de lograr o cambio político”. Así o dixo logo da Executiva dos socialistas galegos convocada para analizar os “malos resultados electorais” do pasado domingo.

O responsable socialista emprazou a “afrontar o futuro con optimismo e con realismo, aceptando a mensaxe do país” nas pasadas eleccións que, dixo, sinalaron que “a alternancia ten que pasar por un PSdeG forte”. Apuntou que o futuro do partido para por “intensificar a defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.

 

 

González Formoso aseguraba que o PSdeG asumirá “cambios de ritmo e de mensaxe” e mesmo “cambios orgánicos” cunha “aposta pola tranquilidade e por facer as cousas ben, aprender dos erros do pasado”. Formoso deu por aberta unha nova etapa de 4 anos de “traballar a reo para configurar unha alternativa de goberno facendo caso da mensaxe das pasadas eleccións”.

A Executiva extraordinaria do PSdeG reuniuse hoxe para analizar os resultados electorais, debidos a “causas internas e externas”, que derivaron nunha “polarización política e mediática clara” favorable a PP e BNG. As dúas opcións, dixo, “presentaron candidatos consolidados no tempo fronte a un Besteiro que apenas contou con mes e medio para aumentar o grao de coñecemento e explicar o proxecto socialista no territorio”.

Artigos relacionados

Back to top button