OurenseÚltima hora

Vázquez solicítalle unha xuntanza a Fomento para dar conta da Intermodal

Jesús Vázquez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, vén de solicitarlle ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, unha xuntanza de traballo para presentarlle á Comisión de Seguimento o proxecto da Estación Intermodal de Norman Foster .

O alcalde ourensán remitiulle esta mañá a de la Serna unha carta urxente co obxectivo de que os axentes políticos, sociais, empresariais e económicos da cidade coñezan, de primeira man, o proxecto. Argumentou o rexedor municipal na súa misiva que é preciso que o Ministerio de Fomento clarexe as dúbidas que suscitaron na cidade as últimas actuacións da estación intermodal.

“O concello de Ourense, e sobre todo, os cidadáns de Ourense, merecen coñecer con claridade todos e cada un dos pasos que se están a dar nunha infraestrutura primordial e importantísima para esta cidade”, concluíu Jesús Vázquez no seu escrito remitido ao Ministro.

Artigos relacionados

Back to top button