ConcellosParada de SilÚltima hora

Veciñanza e negocios de Parada de Sil colaboran cos afectados pola DANA

 

A veciñanza de Parada de Sil respostaba á iniciativa que puxeron en marcha a Asociación Os Noviños do Sil e a Casa do Abuelo dunha maneira totalmente satisfactoria, a dicir das organizadoras Leticia Rodríguez e Yolanda García, das respectivas asociacións.

Púxose en marcha a recollida o sábado e neste martes, 5 de novembro, mandouse nunha camioneta de productos empacados en 50 caixas. Nelas había produtos para a hixiene persoal, cueiros, cepillos de dentes, mecheiros, candeas, auga, leite, lentellas ou conservas.

 

 

Nesta recolecta solidaria colaboraban case todos os negocios en Parada e salientablemente dos pobos de Sacardebois, Parada, Caxide e Verengo así como algún veciño do pobo de Calvelo, que non pertence a Parada de Sil.

Os produtos foron entregados no Concello de Montederramo que os fará chegar mañá aos afectados pola DANA nun tráiler que sae do polígono en Ourense.

Fotos cedidas.

 

Back to top button