En pouco máis dunha hora vendíanse as 1.100 entradas postas á venda polo Concello da Rúa para a XVI Festa do Codillo que se celebrará o vindeiro sábado 25 de xaneiro.
As portas do Centro Cultural Avenida, onde tiña lugar a venda, abrían ás 8 da mañá deste domingo día 19 pero tal como contan os que foron buscar número, xa había cola ás sete da mañá. Con todo, non era ata as 10 horas cando se procedía á venda propiamente dita (15 entradas máximo por persoa) quedando esgotadas en pouco máis dunha hora co cal moita xente quedou sen ela.
Fotos: Mónica G. Bellver.