Esta localidade ourensá celebraba o día grande do seu Entroido o Domingo Gordo
En torno ás cinco da tarde do Domingo de Entroido as rúas de Sarreaus enchíanse de sons, máscaras e disfraces. Os Vergalleiros, personaxe central desta celegración na localidade, abrían un desfile no que tamén participaban diversas comparsas, Peliqueiros e un dos folións do oriente ourensán. Tratábase de A Caniceira (Trives), que tras participar no desfile de Vilariño de Conso, desprazábase ata Sarreaus para continuar enchendo co seu ritmo a xornada do Domingo Gordo.
Fotos: Carlos G. Hervella