O Liceo de Ourense acollía na tarde do 31 de xullo a presentación do documental “El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados”, promovido pola pianista Rosa Torres-Pardo, que asistía ao acto e complementábao dun xeito moi especial. Interpretaba ao piano unha peza inédita do compositor catalán, unha danza galega, mentres a actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río) recitaba tres dos poemas galegos de Federico García Lorca.
Este é o segundo documental sobre un compositor español que promove Torres-Pardo, tras o de Antonio Soler. Ao longo dunha hora o filme aborda a traxectoria vital e a obra de Granados (Lérida, 1867-Canal da Mancha, 1916), cun tráxico destino unido, paradoxicamente, ao seu maior éxito, ao estrear en Nova York en 1916 “Goyescas”.
Fotos cedidas.