
O Concello de Viana do Bolo vén de facer público que a cabalgata dos Reis Magos, inicialmente prevista para a tarde do 5 de xaneiro, vai modificarse por mor das previsións de chuvia. Así, pasarase para o pavillón municipal. Os nenos e nenas de Viana poderán ver e saudar ás súas Maxestades no polideportivo entre ás 17h., tamén haberá inchable e chocolatada.