CulturaCulturaÚltima hora

Viana do Bolo ergue o pano do seu IV Ciclo Outono Teatral

O programa abrirase o 13 de outubro coa obra "Casa O Rei" de Santiago Cortegoso

Presentación do Ciclo de Outono de Teatro en Viana./ Foto: Concello de Viana.

 

Neste mes de outubro Viana do Bolo celebrará a cuarta edición do seu Ciclo de Outono Teatral, que contará con tres obras representacións para “tódolos gustos e idades”, tal e como se destacaba na presentación do seu programa, un acto que tiña lugar na mañá deste 8 de novembro no Concello e que contaba coa presenza do alcalde vianés, Secundino Fernández, e da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

O ciclo porase en marcha o 13 de outubro ás 20h. na Casa da Cultura coa obra “Casa O Rei” de Santiago Cortegoso, quen propón un xogo escénico e dramatúrxico baseado na obra “Rei Lear” de W. Shakespeare, pero ambientado nunha típica casa de comidas galega.

A segunda xornada terá lugar o sábado 19 de outubro. A cita será ás 20h. na Casa da Cultura coa comedia teatral “Running”, que nos achega a historia amorosa de Julia e Román, cargada de humor e problemas da vida actual.

O ciclo finalizará o sábado 26 de outubro ás 19h. co espectáculo musical, dirixido a público familiar, “Hansel e Gretel”. Tomando como base o conto dos irmáns Grimm faise unha satírica crítica ao capitalismo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button