O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaba onte na entrega de embarcacións pneumáticas e remolques a unha vintena de concellos para reforzar o equipamento dos seus respectivos servizos de emerxencias. Entre eses municipios estaba Viana do Bolo, cuxos representantes, encabezados polo alcalde Andrés Montesinos, recollían unha lancha destinada a operacións especiais, rescate rápido e outras actividades.