CulturaCulturaÚltima hora

Viana entrega os premios do Concurso Nadal Fotográfico

As imaxes presentadas a este certame están expostas no salón de plenos do Concello vianés

Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro desenvolvíase o Concurso Nadal Fotográfico en Viana do Bolo. O Concello vén de entregar os seus galardóns. Así o primeiro premio correspondíalle a Andrés Ortiz Alonso e o segundo a José Luis Ortiz Rodríguez.

O acto de entrega de diplomas contaba coa presenza da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez Rodríguez, e dos ganadores.  Nestes momentos todas as fotografías presentadas ao concurso e as imaxes gañadoras do Concurso de Outono de 2015 están expostas no Salón de Plenos do Concello de Viana do Bolo.

 

Nesta galería poden verse as imaxes galardoadas (o primeiro e o segundo premio, por esta orde) e tamén o acto da entrega de premios.

Fotos cedidas polo Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button