CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Viana homenaxeará a Carvalho Calero con concursos e lecturas “dende o confinamento”

 

A concelleira de Cultura de Viana, Graciela Diéguez, amosando os carteis das actividades das Letras Galegas./ Foto cedida.

 

Pese á situación actual de estado de alarma, Viana do Bolo non renuncia a celebrar o vindeiro 17 de maio o Día das Letras Galegas, adicado nesta edición de 2020, a Ricardo Carvalho Calero pola seu labor como escritor, poeta, filólogo e lingüÍsta. Pero farao apostando polos formatos virtuais na celebración.

“Aínda que neste ano a celebración oficial foi aprazada ata o día 31 de outubro, dende o Concello de Viana do Bolo, non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura, polo que organizamos unha serie de actividades para toda a veciñanza co obxectivo de defender e querer a nosa lingua”, explican dende o Concello.

Tres serán as actividades principais. Unha delas é o concurso “Relatos dende o confinamento”, convocado a primeiros de maio. Está dirixido “á rapazada do CEIP Bibei e conta cunha importante dotación económica a repartir entre todos/as os/as participantes, co obxectivo de reactivar o comercio local”, matizan dende o Concello.

Por outra banda está a Campaña “DEFENDE O GALEGO”, coa que “animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña “Queremos Galego”, que se repartirán dende o Concello, a quen así o solicite. Tamén se repartirán láminas para colorear, para os/as cativos/as”, din dende a administración local vianesa.

E, finalmente unha serie de autores de Viana homenaxearán a Carvalho Calero coa lectura dalgúns dos seus poemas. Os seus vídeos serán publicados nas redes sociais do Concello durante a fin de semana do 16 e 17 de maio.

 

Artigos relacionados

Back to top button