CulturaCulturaÚltima hora

Víctor F. Freixanes finaliza a súa etapa como presidente da Real Academia Galega

Facíase oficial oficializouse no pleno celebrado o sábado 15 de marzo. A nova comisión executiva elixirase nunha sesión extraordinaria que se celebrará proximamente

Plenario do 15 de marzo./ Foto: RAG.

 

Víctor F. Freixanes remata a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras completar oito anos á fronte da institución. O académico formalizou a conclusión do seu segundo mandato ante os membros do Plenario na xuntanza ordinaria celebrada na tarde do sábado 15 de marzo no pazo de María Pita, na Coruña.

Con este paso comeza o proceso que conducirá á elección da nova comisión executiva da Academia. De acordo coa normativa da institución, entrementres ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, a quen lle corresponde poñer en marcha o proceso electoral. Os estatutos da Academia establecen un período non superior a tres meses para a elección da nova comisión executiva.

A candidatura ou candidaturas á presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución. Para facelo disporase dun prazo que remata 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección.

Artigos relacionados

Back to top button