Entre dúas posibles rutas poderán escoller os participantes na VIII Andaina Solidaria da Cruz Vermella Valdeorras, que se de-senvolverá o domingo 23 de xuño por terras vilamartinesas. O punto de partida será Arcos e, a partir de aí, os andaríns teñen dúas opcións: un traxecto de 7 km de dificultade baixa e outro de 11 km de dificultade media. En ambos casos case todo o percorrido discorre pola Senda do Río Farelos.
As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade, organizada pola Cruz Vermella, poderán anotarse na propia sede da entidade no Barco, así como nos seguintes establecementos: Autoescuela Valdeorras, Deportes Tri-Sport no Barco, Hotel A Calzada (Arcos), Firmar Consultores (Vilamartín), Librería Murciego, Obike Ciclismo, Ton y Son, Seguros Catalana Occidente (O Barco) e Aluminios Luis e Tienda Okre (A Rúa). A inscrición ten un custo de 10 euros (inclúe un boleto do Sorteo de Ouro).
A entrega de dorsais para os participantes realizarase o 22 de xuño na sede da Cruz Vermella Valdeorras en horario de 10:30h. a 12:30h. Ademais, os camiñantes poderán recoller os dorsais o mesmo día a andaina dende as 8h na praza de Arcos.
Fotos cedidas.
