Intenso e variado programa de actos en Vilardesilva (Rubiá) para celebrar as festas do Pai Eterno. As actividades comezaba o día 9 cunha cea do pobo e contos de taberna, proseguían o día 10 cun torneo de tute, xogos infantís e o xogo da ra e, para completar a xornada, baile con Boa Festa.
Xa o día 11 de agosto oficiábase a misa solemne e provesión na honra do Pai Eterno ás 13:15h. Tampouco faltaba o xogo dos bolos e ás 21h. volvía a haber baile con Boa Festa. E. na medianoite, chegaba a actuación de Pili Pampín. Finalmente, o 12 de agosto tiña lugar unha alborada da man dos Parrandas.
Numerosas familias reuníanse en Viardesilva para compatir estes días festivos, unha delas é a de Eloy González, que destaca o éxito da celebración, con momentos como a alborada, “que foi un éxito con toda a xente vestindo as camisetas de Vilardesilva” e tamén a actuación de Pili Pampín.
Fotos e vídeo cedidos.
https://youtube.com/shorts/LMrGyOR90-A?feature=share