ConcellosMontederramoÚltima hora

Vilariño Frío (Montederramo) despide a Felixmina, a súa veciña máis lonxeva con 103 anos

 

Era unha gran artesá do ganchillo. Multitude de colchas cos máis variados deseños, algúns copiados e outros imaxinados, teñen saído das mans de Felixmina, unha veciña de Vilariño Frío (Montederramo) moi querida, que, con 103 anos (era a de máis idade da parroquia) vén de despedirse precisamente co ganchillo entre as mans e deixando todo un legado como tecedeira.

 

 

Felixmina lembraba con minuciosidade historias da comarca dende os anos 20, que segundo contan aqueles que a coñecían de preto, era capaz de relatar con sumo detalle e coas que chegaba a emocionar. Historias que grazas a súa transmisión oral, agora quedarán na memoria daqueles que tiveron a fortuna de escoitala e que hoxe senten fondo pesar pola súa perda.

Esta veciña de Vilariño Frío ten un fillo, Antón (músico e docente), un fervente admirador e coidador da súa nai, á que adoraba.

 

Foto cedida pola familia.

 

A capela ardente de Felixmina pode visitarse ata mañá no tanatorio de Vilariño Frío. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus nun funeral previsto para as 17:30h. de mañá 5 de setembro.

 

Foto cedida pola familia.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button