EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viño, románico e música polas denominacións ourensás

Conclúe o programa “Simposiums Musicais en Terras de Viño” tras percorrer a provincia
Participantes no “Simposium Musical en Terras de Viño” realizado na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes no “Simposium Musical en Terras de Viño” realizado na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

En terras da Denominación de Orixe Monterrei completárase o programa “Simposiums Musicais en Terras de Viño”. Trátase dunha iniciativa que marida o mundo do viño coa arte románica e coa músicae e que está promovida pola Fundación Vicente Risco en colaboración coa Asociación O Sorriso de Daniel e co patrocinio da Deputación de Ourense.

Esta derradeira saída terá lugar o 24 de outubro e incluirá un percorrido polas igrexas do Castelo de Monterrei e de Mixós, un concerto de frautas e unha visita á adega Gargalo.

“Simposiums Musicais en Terras de Viño” botaba a andar o pasado 29 de agosto en Valdeorras cunha visita á igrexa de Xagoaza (O Barco), con catas e cun concerto do Dúo Bolboreta na adega ruesa Joaquín Rebolledo. En setembro, o programa achegábase ata a Ribeira Sacra, pasando por San Paio de Abeleda e cunha cata en Ponte da Boga. Ademais podía desfrutarse da música de Ensemble Hotteterre. Logo tiña lugar unha visita á D.O. Ribeiro o día 3 de outubro e agora o calendario de saídas conclúe en Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button