EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Vinos Barco pon en valor aos viticultores coa iniciativa “Vida Positivadas”

Trátase dunha serie de contidos que pon o foco nun grupo de persoas que non só se esforza no coidado das viñas de Valdeorras, senón en cada parcela das súas vidas

 

Vinos Barco-Cooperativa Jesús Nazareno anuncia o lanzamento da súa nova serie de contidos “Vidas Positivadas”. Unha serie de contidos que enmarca as vidas dos viticultores que ademais, do seu labor no campo co coidado das cepas, merece ser posta en valor.

Trátase dun proxecto desenvolvido por Mil Ojos Producen, no que se seleccionou a un grupo de viticultores que falan das súas vidas e da súa sinxela achega á vida dos demais. Tras unha entrevista, realizouse un retrato de cada un deles inspirado na reflexión que provocan. Así, as súas vidas, son reveladas nesta serie que pon o foco nun grupo de persoas que non só se esforzan no coidado das viñas, senón en cada parcela das súas vidas.

 

 

Así, co contido recolleito a través do traballo, realizarase unha serie de contidos e unha exposición na que cada retrato irá acompañado cun corte de audio. Cada un dos protagonistas é presentado de forma que xuntos, formen unha exposición na que se poida descubrir aos viticultores de Valdeorras.
“Puxemos en marcha esta campaña para que se valore o traballo e as vidas da xente que forma parte do noso proxecto. Vidas aparentemente anónimas que teñen moito que dicir, porque cada unha das persoas que forman parte desta serie ensínannos actitudes e reflexións #ante a vida que nos fan ver que achegan. Cada un, na súa pequena medida, fainos chegar unha mensaxe de esforzo e superación a través da súa vida” sinala Alfredo Vázquez, xerente de Viños Barco.

Vinos Barco, é unha adega de viños do noroeste de España situada no Barco de Valdeorras, Ourense. “Nacemos como cooperativa en 1958 e catro anos máis tarde arrincamos coa primeira colleita. Así, contamos coa primeira planta embotelladora de viño da comarca de Valdeorras e unha das primeiras de Galicia cuns 800 pequenos produtores. Desde entón ata o de agora, non deixamos de traballar a terra, coidando cada cepa, como o legado familiar que supón para cada unha das nosas casas”, explican dende a adega.

Back to top button