EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Visita ao sector da lousa de alumnado e profesorado da Escola de Arquitectura Ténica da Coruña

O obxectivo, non é outro que coñecer de primeira man este material construtivo, desde o inicio ata o final do seu proceso produtivo

 

Un grupo de estudantes e profesores da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, realizaron unha visita hoxe a unha canteira de extracción de lousa (Oportuna de Pizarras Vazfer-Manada Vieja) e, posteriormente, a unha nave de elaboración (a de Cafersa). O obxectivo, non é outro que coñecer de primeira man este material construtivo, desde o inicio ata o final do seu proceso produtivo, e mostrar as posibilidades que ofrece aos futuros arquitectos técnicos.

Na liña de accións conxuntas que o Clúster da Pizarra de Galicia vén realizando coa Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, a visita realizada esta mañá, non vén senón a completar a conferencia técnica “A lousa galega: Prestacións e construción”, que o doutor en Dirección Integrada de Proxectos e experto en Enxeñería da Edificación e Execución de Obras, Santiago López Piñero, realizou na citada escola universitaria, o pasado 18 de setembro.

 

 

Ferramentas do Plan de Promoción

Conferencias e visitas especializadas, son ferramentas contempladas no Plan de Promoción recentemente presentado pola Agrupación industrial dá Lousa de Galicia, tendo presente que o colectivo de arquitectos e arquitectos técnicos, é un dos prescritores de material de construción máis importantes do sector.

Os relatorios son unha ferramenta para tratar de conseguir un maior coñecemento sobre a lousa por parte dos alumnos, que se complementa coa experiencia de coñecer de onde vén e como se extrae o produto en orixe, o que lles axudará a apreciar o seu valor.

Seguindo a senda da formación, neste caso para os traballadores da lousa, o clúster ten prevista a organización dunha xornada técnica en Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, na que se tratarán a prevención e loita contra as enfermidades profesionais, tema de especial relevancia para o sector.

Artigos relacionados

Back to top button