CulturaCulturaÚltima hora

Visita ao Túnel de Montefurado e ao museo da minería aurífera romana de Ribas de Sil, no simposio de Xagoaza (O Barco)

 

Ata o túnel romano de Montefurado (Quiroga) desprazábanse na tarde deste 13 de outubro os participantes no IV Simposio histórico arqueolóxico “A presenza romana en Valdeorras e aledaños dende o século I da era ata a invasión árabe”. Nesta visita, coñecían, in situ, as singularidades deste xacemente aurífero, coas explicacións do enxeñeiro de miñas Roberto Matías.

Outro dos puntos visitados nesta saída do congreso era o Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana (CIMAR), situado en San Clodio (Ribas da Sil), que percorrían tendo como guía oo tenente de alcalde deste concello, Roberto Castro. Este centro forma parte da rede de museos do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button