OurenseÚltima hora

Visita da conselleira de Política Social á asociación Por Eles TEA de Ourense

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacaba que a Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades de atención temperá destinadas a nenos de ata seis anos con trastornos no desenvolvemento ou con risco de padecelos. Esta mañá visitou en Ourense a sede de asociación Por Eles Tea, que traballa con pequenos con trastorno do espectro autista e aos que achega este servizo. Nesta visita estaba acompañada polo delegado da Xunta na provincia, Gabriel Alén.

Fabiola García destacou o papel de entidades como Por Eles TEA no acompañamento das familias desde o primeiro momento e na atención aos pequenos desde unha perspectiva integral. A asociación ourensá atende a 33 nenos aos que proporciona servizos de psicoloxía, terapia ocupacional ou logopedia, entre outros.

“O investimento destinado á rede galega de atención temperá para o 2022 increméntase nun 82% con respecto a este ano. Grazas a isto procúrase continuar ampliando este servizo tan demandado polas familias galegas e que nos últimos anos xa veu aumentada considerablemente a súa cobertura”, segundo a consellería.

No ano 2009 había en funcionamento tan só dúas unidades de atención temperá en Galicia, que cubrían 14 concellos e atendían a 160 nenos. Na actualidade, existen 33 unidades en funcionamento que abarcan 160 concellos e atenden a uns 1500 nenas e nenos.

Artigos relacionados

Back to top button