ConcellosQuirogaÚltima hora

Visita do director xeral de Atención Sociosanitaria á unidade de “Coidados porta a porta” en Quiroga

 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, achegábase hoxe ata Quiroga para visitar a unidade móbil “Coidado Porta a Porta”. Acevedo estivo acompañado polo subdirector xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria, Alfredo Silva (vinculado laboralmente con Quiroga onde exerceu a medicina); polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, con quen mantiña previamente un encontro de traballo na casa consistorial. Na visita tamén participaba a Concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez.

No servizo “Coidado porta a porta”, posto en marcha pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofrécense gratuitamente consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, e que nesta primeira visita a Quiroga tivo todas as súas consultas completas.

 

 

“Unha das finalidades deste servizo é facilitar coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fora do seu entorno e posibilitando que poidan seguir vivindo alí onde prefiran”, segundo se destaca dende a organización.

Dada o boa acollida que está tendo esta atención aos maiores de 55 anos, como matizou Antón Acevedo, foron máis de 20.000 os atendidos desde a súa posta en marcha no mes de marzo. E está previsto que ata que remate este programa no mes de outubro do vindeiro ano, o servizo Coidado porta a porta visite Quiroga outras dúas veces máis.

Artigos relacionados

Back to top button