CulturaCulturaÚltima hora

Visita dos ususarios de AFEM Morea do Barco á mostra “Esencial” de Díaz Ferrer

 

Os usuarios de AFEM Morea do Barco realizaban esta mañá unha saída moi especial. Visitaban a exposición “Esencial”, mostra artística coa que se conmemora o centenario do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer (1922-2022), na sala Abanca. E facíano ademais nun percorrido guiado polo seu comisario, Luís Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”.

Deste xeito, desfrutaban de preto cunha exposición da que tamén eles foron parte activa, posto que realizaban o enmarcado das pezas expostas. “Puxeron todos os medios e foron moi solícitos con esta iniciativas, tendo en conta ademais que tiveron que empregar materiais cos que non tiñan traballado anteriormente”, destaca Coquixo, agradecemento a súa colaboración.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button