CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Visita guiada aos traballos arqueolóxicos na contorna do túnel romano de Montefurado (Quiroga)

O sábado 14 de decembro pola mañá realizarase unha visita aberta ao público á intervención arqueolóxica

Túnel romano de Montefurado (Quiroga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro sábado 14 de decembro pola mañá realizarase unha visita aos traballos arqueolóxicos na contorna do túnel romano de Montefurado (Quiroga), dentro do Xeoparque Mundial Montañas do Courel. A visita, aberta a todo o público, estará guiada polo arqueólogo responsable, Luís López. Veranse os traballos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica recentemente realizados no miradoiro do túnel de Montefurado.

Actuará como guía o arqueólogo Luís López, que dirixiu as actuacións efectuados na contorna deste xacemento, un dos máis importantes relacionados coa minaría aurífera romana no ámbito do noroeste ibérico.

A actividade realízase grazas ao acordo entre o Concello de Quiroga e a Xunta de Galicia, e está incluída no programa de actividades de outono do Xeoparque Montañas do Courel. A asistencia á visita é de balde, aberta a todo o público que queira achegarse e non precisa de inscrición. O punto e hora de reunión será no desvío que parte da estrada N-120 para o acceso a Montefurado e o poboado dos Covallos, ás 11 da mañá deste próximo sábado 14 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button