ConcellosO BarcoÚltima hora

Visita guiada por O Barco e Viloira para o voluntario da Cruz Vermella de Ourense

 

Entre os actos do programa do XX Encontro de Voluntariado da Cruz Vermella en Ourense, celebrado neste sábado 28 de setembro no Barco, figuraba unha visita guiada pola zona vella da vila e tamén por Viloira. De cicerone exercía o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado.

 

 

O percorrido comezaba no Paseo do Malecón e continuaba polo Porto da Barca, seguindo pola rúa Real, cruzando a pasarela peonil e continuando ata chegar á Casa Grande de Viloira, onde os asistentes eran agasallados cun libro do IEV.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button