
Continúan as actividades culturais no concello de Parada de Sil. Así para o vindeiro venres, 6 de outubro a partir das 19h. está prevista unha visita teatralizada ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, baixo o título “O solpor no mosteiro”. No decurso da mesma recrearasae a vida dos montes neste mosteiro, ademais de coñecer dun xeito diferente e ameno este conxunto patrimonial románico.
As persoas interesadas deberán realizar unha preinscrición, xa que o aforo da visita é limitado.