Esta mañá exercían tamén o seu dereito ao voto os cabezas de lista do PSOE por Ourense ao Congreso e ao Senado. Así, tras votar, a número 1 ao Congreso, Margarita Martín, agradecía o traballo das persoas que fan “que esta xornada electoral vaia adiante”. E resaltaba a importancia destes comicios. “Creo que son unhas votacións históricas e debe ser a maior posible para que o goberno que saia das urnas sexa un forte. Xogámonos moito”.
Pola súa banda, o número 1 ao Senado pola provincia, Rafael Rodríguez Villarino, votaba no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade de Ourense.