PolíticaÚltima hora

Votacións dos cabeza de lista do PP por Ourense ao Congreso e ao Senado

 

Esta mañá exercían tamén o seu dereito ao voto os cabezas de lista polo PP na provincia de Ourense ao Congreso e ao Senado. Así, a candidata a deputada Ana Vázquez depositaba o seu voto ás 11h. no colexio electoral situado en Bande.

 

 

“Eu xa exercín o meu dereito ao voto e agora apelo a que todos os ourensáns, masivamente vaian a votar, hoxe é o gran día da democracia porque o voto dunha persoa é o que ten o poder máximo nun día como hoxe”, comentaba Ana Vázquez. Ademais agradecía o labor dos “máis de 800 interventores e apoderados do PP en Ourense, que están dando a cara nesas mesas electorais polo meu partido”.

 

 

Pola súa banda, o cabeza de lista ao Senado por Ourense, Miguel Ángel Santalices Vieira votaba ás 12h. nocolexio electoral instalado no pavillón dos Remedios da cidade de Ourense.

Ademais, o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, depositaba as súas papeletas de voto ás 9:30h. no colexio electoral situado no local social da Derrasa, no Pereiro do Aguiar.

 

Votación de Luis Menor Pérez (presidente do PPOU) no colexio electoral da Derrasa (Pereiro de Aguiar).

 

“Chegou o día no que por fin os españois podemos decidir o noso futuro. Eu acabo de facelo agora con total normalidade, temos un tempo que creo que nos vai axudar e esperamos nisto unha grandísima mobilización, que a xente mostre o que quere para o seu futuro, con total liberdade e que poidamos levar a cabo ese desexo de falar a sociedade, espero que a xornada transcorra con total normalidade e que a mensaxe sexa clara para saber o que hai que facer neste futuro”, sinalaba Luis Menor ao saír do colexio electoral.

Fotos cedidas.

Back to top button