EconomíaEconomíaÚltima hora

Xa se coñecen os finalistas do XVI Concurso da IXP Castaña de Galicia

A fase final de "Cociña con Castaña de Galicia" está prevista para o 30 de xullo

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia vén de facer pública a relación de receitas finalistas do Concurso “Cociña con Castaña de Galicia, XVI edición”. A final deste certama terá lugar o xoves 30 de xullo ás 18:00h. na  Aula de Cociña Porto-Muiños Praza Casares Quiroga, 5-6-7. Urb. A Barcala. Cambre. (A Coruña).

Os clasificados nesta ocasión son, por categorías, os seguintes:

Categoría de Receitas salgadas

1. Antonio García Castellanos – “Magret de pato relleno de castaña”.

2. Rodrigo Díaz – “Crema de Castañas y setas”.

Categoría de Receitas doces

1. Joana Marinho – “Puré de castaña ahumado”.

2. Ana Cristina Sánchez – “Bombón Helado de Castaña Gallega”.

Categoría de Receitas de estudantes de hostalería

1. Luciana Aparecida Bernardo- “Empanada Dulce de Castañas y Manzanas”.

2. Patrizia Cosimo – “Tartaletas Castiñal”.

Foto: IXP Castaña de Galicia.

Back to top button