ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

Xente do pobo galego…

Poesía de Elva Fernández Leivas, segundo premio no VIII Concurso Literario de Lingua Galega do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños na categoría de 18 a 100 anos

Xente do pobo galego
¡canto nos tocou viaxar!
xamais tivemos reparo
por ter que cruzar o mar.
As viaxes dos galegos
non precisaron valixa
a sua única equipaxe
era a dor da sua familia.
Sempre as lagrimas da mai
e da xente mais cativa
pra xantar unha empanada
e de viño una botiña.
Xa está no barco o galego
e,cando mira hacia o mar
pensa de esa auga salada
¡canta muller fas chorar!
Sinte morriña o galego
da sua terra e do seu lar
vai cantando unha muiñeira
o mais bonito cantar
Escoitouno unha galega
e puxerónse a falar
compartiron pan e viño
e remataron por bailar.
Falaron de moitas cousas
do que deixaron atrás
do que buscan na outra terra
e, tras de moito falar
a muller dixo chorando
¡que ganas de retornar!
e o galego respondeulle
¡cala!,que acabouse o viño
e ainda queda moito mar.

Artigos relacionados

Back to top button