Cun concerto de música tradicional celebraba Trives o día da Patria Galega na noite do 25 de xullo. Numeroso público se reunía neste céntrico lugar da vila para desfrutar da música de As Macizas Centrais, e de seguido das melodías das pandereteiras Xestreu. Ambos grupos animaron á noite e convidaron ao baile.