
Na noite do 12 ao 13 de xullo terá lugar a “XIV Noite – Entre Lobos e Estrelas”, unha marcha promovida dende o Club de Montañismo Montañas de Trevinca. Desta volta o percorrido pasará polas lagoas glaciares da Serpe e Ocelo e terá unha distancia duns 27,1 km e unha duración estimada dunhas 9 horas e 15 minutos.
A actividade comezará ás 24h. en Vilanova (A Veiga) no lugar do inicio da ruta cara Trevinca, o teito galego (2.127 m). Un cuarto de hora despois comezará a marcha, saíndo en dirección ao Pico Maluro (1.931 m). O traxecto continuará por Pena Trevinca, Lagoa da Serpe, Lagoa do Ocelo e aldea de Ponte.
“É este un percorrido nocturno de alta dificultade e longa duración, non aconsellable para persoas con pouca experiencia en montaña e baixa preparación física”, din os organizadores.
As prazas desta ruta son un total de 25 e as persoas interesadas poden inscribirse en www.montanasdetrevinca.es, no teléfono 616 54 69 72 ou en club@montanastrevinca.es.
No mes de xuño o Club de M. Montañas de Trevinca organizaba outra andaina ata Pena Trevinca para c