ConcellosÚltima hora

XLII Festa da Bica o 2 de agosto en P. de Trives

O xantar celebrarase na Finca da Barreira con promoción de produtos autóctonos
Bica de Trives/Foto: Carlos G. Hervella
Bica de Trives/Foto: Carlos G. Hervella
Xantar popular da Festa da Bica/Foto: Carlos G. Hervella
Xantar popular da Festa da Bica/Foto: Carlos G. Hervella

Dende o ano 1972 a famosa Bica de Trives ten a súa propia festa de exaltación, unha cita gastronómica que este ano retrásase unha semana con respecto ás anteriores edicións. Así o sábado 2 de agosto, a Finca da Barreira de Trives acollerá o xantar popular da XLII Festa da Bica.

O xantar comezará a partires das 14h. e malia que o doce e manteigado postre será o protagonista, previamente servirase un completo menú a base de empanada de carne e tamén de bacallau, tenreira galega (tenreira ecolóxica de razas autóctonas producida por BIOCOP-Sociedade Cooperativa Galega-), con pementos e patacas, bica e licor café. O prezo da entrada será de 13 euros por persoa.

O xantar estará amenizado musicalmente por un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas. E xa pola tardiña, haberá baile a cargo do dúo Colores.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button